Simulacións

Interaccións entre parellas de átomos

Nesta simulación do PHET da Universidade de Colorado, podedes ver as distintas gráficas Enerxía potencial fronte a Distancia interatómica para distintas parellas de átomos.

Fixádevos en como a parella que forma un enlace estable, O e O, ten unha curva na que se aprecia claramente un mínimo de Enerxía Potencial a unha distancia interatómica determinada, a distancia de enlace,fronte ao resto de parellas, nas que sempre hai un gas nobre que como sabedes non teñen tendencia a formar enlaces estables.

Tamén podedes crear vós os vosos propios átomos e analizar como as modificacións de tamaño e da intensidade da interacción entre os átomos fan variar a curva Ep-Distancia.

Ciclo de Born-Haber

O ciclo de Born-Haber é un ciclo de reaccións químicas desenvolvido nun principio por Max Born e o químico alemán Fritz Haber en 1917. Este ciclo comprende a formación dun composto iónico dende a reacción dun metal (normalmente un elemento do grupo 1 ou 2) cun non metal (como halóxenos, oxíxeno etc.).

Os ciclos de Born-Haber empréganse principalmente como medio para calcular a enerxía de rede ou enerxía reticular, que non pode ser calculada directamente. A enerxía reticular está directamente involucrada na formación de compostos iónicos a partir de ións gasosos.

Pode ser definida como a enerxía que se desprende cando se forma un mol dunha substancia iónica a partir dos ións constituíntes inicialmente separados (estado gasoso), ou tamén como a enerxía necesaria para romper un mol dunha substancia iónica e obter os ións constituíntes separados. A primeira definición implica unha reacción exotérmica e a segunda unha reacción endotérmica.

Aplicando a Lei de Hess, o ciclo de Born-Haber calcula a enerxía reticular comparando a entalpía estándar de formación do composto iónico coas entalpías correspondentes ós pasos necesarios para facer ións gasosos a partir dos elementos. Para facer ións gasosos de elementos é necesario convertelos en gas, disocialos se é preciso e ionizalos.

Aquí tes o ciclo de Born-Haber para o cloruro de sodio. Vai clicando nas entalpías en orde, comezando por ΔH1, para coñecer e entender todo o proceso.

Neste link, tedes un xerador de exercicios do ciclo de Born-Haber para practicar: https://web.nmsu.edu/~snsm/classes/exercises/hwbornhaber.html

Enlace covalente

Nesta simulación tedes unha explicación do enlace covalente. Para poderdes vela, poñede algún nick en Guest Login e entrade. Despois tedes que premer Go to the tutorial para poderdes acceder a info.

Xeometría molecular

Simulación que vos permitirá explorar os distintos tipos de xeometría molecular, baseados na TRPECV.

Forzas intermoleculares

Última modificación: Luns, 23 de Novembro de 2020, 15:36