Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de instalación
e mantemento de servizos en redes informáticas con cables e sen eles.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:
– Identificación das principais aplicacións usadas en redes informáticas para executar
servizos de rede.
– Definición dos aspectos técnicos dos servizos de rede máis estendidos.
– Selección dun servizo de rede e dunha aplicación específica sobre a base das súas
características.
– Instalación e configuración de servizos en redes locais e públicas.
– Configuración de puntos de acceso sen fíos, con establecemento da seguridade das
comunicacións.
– Posta en marcha de mecanismos de conexión a redes públicas.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
– Implantación e mantemento de servizos de rede.
– Despregamento de redes sen fíos.
– Conexión de redes locais con redes públicas.

Ó longo do módulo aprenderemos a:

  • Recoñecer as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requerimentos derivados dos postos de traballo e das actividades empresariais.
  • Definir a oportunidade de creación dunha pequena empresa, valorando o impacto sobre o entorno de actuación e incorporando valores éticos.
  • Realizar actividades para a constitución e posta en marcha dunha empresa, seleccionando a forma xurídica e identificando as obligacións legales asociadas.
  • Realizar actividades de xestión administrativa e financieira dunha PEME, identificando as principais obligacións contables e fiscais e cumprimentando a documentación.