Como sabedes, a Hora de Ler é un achegamento á lectura para todo o alumnado da ESO.

Xa sabemos que hai rapazada moi lectora e outra, non tanto. Ao mellor, non atopastes esa lectura coa que poderiades ter disfrutado de verdade e conseguir internarvos nun mundo máxico.

O equipo da Biblioteca, que é moi animoso, invítavos a mergullarvos nesas historias de terror, de fantasía, de ciencia ficción, de amor... e, tamén, no mundo das ciencias, dos animais, das plantas, dos deportes, dos ordenadores, da música... Un sinfín de temas que vos poden atraer e convertirvos en lectores e lectoras. Só tedes que vir á nosa Biblioteca.

Teresa, Carlos e Vicky de Lingua castelá, Cristina de Física, Antonio, Marisa, Noa, Andrea de Lingua galega, Paloma de Música e Lupe de Grego estaremos alí para axudarvos.

Agardámosvos cos libros abertos!!!