Benvid@s ao curso!
O exame terá lugar o 28 de maio.
O exame terá lugar o 28 de maio.
Despois de facermos a avaliación inicial e revisar contidos gramaticais, poñeremos o foco nos verbos con alternancia vocálica.
A continuación, co gallo do Día Europeo das Linguas (30 de outubro) e do Día da Tradución (30 de setembro), achegarémonos á diversidade lingüística da Península, poñendo especial atención no éuscaro (xa que o catalán foi visto o ano pasado).
Por último, e despois de facer un repaso da periodización da literatura galega, abordaremos a poesía do primeiro terzo do século XX.
Elaboramos un Booktube
O alumnado achegarase nesta unidade ao pronome.
Dentro da tipoloxía textual, traballaremos co currículo como instrumento fundamental para a vida académica e profesional.
No plano literario, abordaremos a narrativa do primeiro terzo do século XX.
Nesta unidade continuaremos coa literatura do século XX: neste caso a poesía entre 1936-1975, que se divide entre os poetas do exilio e as xeracións de posguerra.
Coñeceremos as características da entrevista como tipoloxía textual.
Por outra banda, continuaremos coa sintaxe (CC, CAx, Sup., C.Predicativo...), acabando coa oración simple.
Nesta unidade achegarémonos á oración subordinada, especialmente á substantiva.
Por outra banda, abordaremos as características do ensaio.
No plano literario, veremos a narrativa da guerra e da posguerra (1936-1975), centrándonos en Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Xosé Neira Vilas e a Nova Narrativa Galega (Carlos Casares).
Podedes analizar estas oracións para preparar a proba. O solucionario está embaixo.
Ollo! Na presentación aparece tamén a poesía de posguerra, que xa vimos o trimestre pasado.
Nesta unidade aprenderemos a extensión e riqueza das variedades lingüísticas da lingua galega, especialmente as dialectais.
Por outra banda, traballaremos coas perífrases verbais.