Esquema de temas

  • Xeral

    Benvidas e benvidos á aula virtual de Lingua Galega e Literatura

    Esta aula será usada, sobre todo, para pór algún anuncio, algunha actividade ou algún apuntamento que me pareza conveniente. O que nunca vai ser é a axenda da materia.

    Xa vos dixen que todo o que se dá na clase, sexa  do libro de texto ou non, é materia para o exame, por iso é fundamental que anotedes todo no voso caderno, tal como vos expliquei estes días pasados. 

    Como vos dixen, no caderno (que  ten que ser de folios grampados) debedes escribir cada día a data e despois tedes que poñer todo o que se explica, os exercicios que se fan, os deberes etc. Se facedes isto ben, teredes claro sempre que é o que debedes estudar ou repasar. E non deixedes o estudo para o día anterior ao exame, debedes estudar cada día e comprobar que entendestes. En caso de que non comprendades algo, preguntade na seguinte clase.

    No caderno debedes escribir todo cun bolígrafo azul e corrixir cun bolígrafo vermello. As outras cores usarédelas para outras funcións cando volo diga, tal e como xa fixemos estes días.

    Non se permite utilizar lapis, corrector nin goma. Tampouco se pode usar bolígrafo borrable. E lembrade que non pasa nada se vos equivocades porque dos erros apréndese moitísimo, moito máis ca dos acertos.

    Sofía Davila


  • Este tema

    EXAMES DO 2º TRIMESTRE:

  • REPASO DE PRONOMES

  • Tema 5

    • Tema 6

      • Tema 7

        • Tema 8

          • Tema 9

            • Tema 10