Xeral
Benvidas e benvidos á aula virtual de Lingua Galega e Literatura
Esta aula será usada, sobre todo, para pór algún anuncio, algunha actividade ou algún apuntamento que me pareza conveniente. O que nunca vai ser é a axenda da materia.
Xa vos dixen que todo o que se dá na clase, sexa do libro de texto ou non, é materia para o exame, por iso é fundamental que anotedes todo no voso caderno, tal como vos indiquei estes días pasados.
Así pois, no caderno (que ten que ser de folios grampados) debedes escribir cada día a data no lado deterito e logo, no lado esquerdo, ides poñendo todo o que se explica, os exercicios, os deberes etc. Se facedes isto ben, teredes claro sempre que é o que debedes estudar ou repasar. E non deixedes o estudo para o día anterior ao exame, estudade cada día e comprobade se entendestes todo. En caso de que non comprendades algo, preguntade ao comezo da seguinte clase.
No caderno debedes escribir todo cun bolígrafo azul e corrixir cun bolígrafo vermello. As outras cores usarédelas para outras funcións cando volo diga.
Non se permite utilizar lapis, corrector nin goma. Tampouco se pode usar bolígrafo borrable. E lembrade que non pasa nada se vos equivocades porque dos erros apréndese moitísimo, moito máis ca dos acertos.
Sofía Davila
COMO APROBAR LINGUA GALEGA E LITERATURA
Para aprobar esta materia en 1º de ESO tedes que sumar, como mínimo, 4,7 puntos.
Debedes ter en conta que:
- O 70% da nota de cada avaliación correspóndese coa nota do exame teórico-práctico ou coa media de varios deles.
- Un 10% obtense do exame do libro de lectura obrigatoria.
- Outro 10% correspóndese ao traballo feito ao longo do trimestre (participación, deberes, estudo...).
- O último 10% sae do nivel da vosa lingua oral, que poderá ser avaliado a través da observación diaria e tamén a través da presentación de traballos orais na clase.
LEMBRADE QUE O USO DA LINGUA GALEGA É OBRIGATORIO. SE NON CUMPRIDES ESTA OBRIGA, QUITARÁNSEVOS PUNTOS DA NOTA FINAL DA AVALIACIÓN.
Lembrade ler canto antes o libro de lectura obrigatoria deste trimestre.
Achegovos en PDF o método de estudo dos verbos.