PROBAS DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO E BAC

Boas a todos e todas!

Informámosvos de que quedan convocadas as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Podedes consultar toda a info relativa ás mesmas na RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023

As convocatorias da proba de ESO son en: 

- 19 de Maio (o prazo de inscripción para esta convocatoria son do 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos)

- 1 de Setembro ( prazo de inscripción do 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos).

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

 1. Ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.

Igualmente, tamén quedou convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Pódese consultar toda a información en relación a esta proba na seguinte RESOLUCIÓN.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023. 

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos. 

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23. 

período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023. E a proba realizarase o 28 de abril de 2023.

Recorda! Esta proba só está dispoñible para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. 

Máis información nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238



Haga clic en el enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos para abrir el recurso.