Propóñovos catro temas por se vos animades a facer algún traballo. Pode ser de investigación, de creación, de ilustración, de vídeo... O único requisito é que parta de unha destas propostas:
  • O esperanto
  • Blanco Amor
  • Os biosbardos; se calcades neste enlace, accederedes a unha selección de fragmentos deste libro de Blanco Amor. Se escolledes un ou varios destes fragmentos, poderedes participar nun concurso que vai organizar a Biblioteca do Centro.
  • María Wonenburger; se calcades neste enlace atoparedes as bases do concurso Ciencia que conta e, se queredes, podedes aproveitar o voso traballo para presentar neste concurso.
Os traballos podédesmo entregar persoalmente ou enviarmos ó seguinte enderezo electrónico: pcaamanho@gmail.com
Se entregades o traballo antes do 1 de decembro, tereino en conta na nota desta 1ª Avaliación; se o entregades despois, contará na seguinte.
Se non se vos ocorre que facer, nesta mesma Aula Virtual, no último bloque, podedes ver traballos feitos por compañeiros vosos.
E, xa por último, non dubidedes en pedirme axuda.

Para a segunda avaliación, engado esta proposta:
  • Os nomes dos nosos lugares.
    Trátase, neste traballo, que investiguedes acerca da orixe e do significado dos topónimos da zona na que vivides.


Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24