https://emmacasan.files.wordpress.com/2013/04/divica-landrovc3a1-1959.jpg


TEXTO 1.
Un rapaz encontrouse coa morte unha vez, e fixéronse moi amigos. Entón, o rapaz díxolle á morte, que, xa que eran amigos lle ía pedir un favor: que se o podía avisar antes de ir por el, que así podía divertirse mellor. A morte prometeulle ao rapaz que así o faría.
Despedíronse, e pasaron moitos anos sen que o rapaz recibira ningún aviso. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello, e díxolle que viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era o que trazaran, que quedara de avisalo con tempo, e que estas non eran palabras. A morte contestoulle:
- ¿Branqueouche o pelo?
- Branqueou –contestou o home.
- ¿Caéronche os dentes?
- Caeron.
- ¿Perdiches as forzas?
- Perdín.
- ¿E logo, que máis avisos querías?

TEXTO 2

Era unha noite de lúa,
era unha noite crara,
eu pasaba polo río,de volta da muiñada!

Topei unha lavandeira
que lavaba ó par da i-agua
ela lavaba no río,
e unha cántiga cantaba!

Moza que ves do muiño,
moza que vas pola estrada:
axúdame a retorcere
miña sábana lavada!

Santa María te axude,
e San Lourenzo de valla!
Desaparece a lavandeira
como fumeira eapallada.

Onnde as sábanas tendera
poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
era unha noite crara!


TEXTO 3
Tres peregrinos veñen
tras dunha estrela;
dúrmete, neno meu,
se queres vela.
Tres mariñeiros veñen
tras dun luceiro;
dúrmete, neno meu,
se queres velo.
Dúrmete, neno meu,
meu neno, dúrmete;
tras dunha estrela veñen
polo deserto tres reis.

TEXTO 4
Non te cases cun ferreiro
que é moi malo de lavar,
cásate cun mariñeiro
que vén lavado do mar.

TEXTO 5




ACTIVIDADES

1. DESPOIS DE LER ATENTAMENTE ESTES TEXTOS, RESPONDE AS PREGUNTAS QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN.

  1. Estou pensando, pensando; /de pensar vólvome tola. /Coa sogra da muller de meu irmán,/ ¿que parentesco me toca?

  1. Polo mundo me vou, madre,
    polo mundo a camiñar(e)
    en busca de Bernaldino
    que no o podo atopar(e).
    E se foi de terra en terra
    e de lugar en lugar(e)
    topou unha lavandeira
    lavando nun areal (e).
    -De Bernaldino señora
    Que novas me pode dar(e)?
    -Bernaldino, é da raíña
    o paxeciño galan(e).
    Ao decir estas palabras
    Bernaldino á porta sae.
    -Quen te trouxo aquí Sabela,
    quen te trouxo a este lugar(e)?
    -Teus amores Bernaldino,
    por aquí me fan andar(e).
    Colléronse polo brazo,
    puxéronse a pasear(e).
    En canto os vira a raíña
    aos dous mandara matar(e)
    a ela sotérrana no coro,
    a el sotérrano no altar(e).
    Dela naceu unha fonte,
    e del un verde olivar(e);
    Tanto crecen un e outro
    que aos ceos foron chegar.
    Cando os ventos sopran mainos
    os dous se queren falar(e)
    Cando os ventos sopran recios
    os dous se queren bicar(e)

  1. Debaixo dunha pipa tinta/ hai unha pita pinta; /cando a pipa tinta pinga, /a pita pinta pia.

  2. 0 santo apóstolo Santo André, que se atopaba naquel arredado curruncho, illado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as grandes peregrinacións que de toda a parte do mundo cristián ían camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia das penalidades que tiñan que sufrir;e, en troques, o seu santuario víase baleiro, malia que tamén facía milagres e sandaba enfermos, que serían incurables sen a súa axuda protectora. E disque, di a lenda, o bo do Santo André percorría os camiños de vagar, e diriamos que un pouco amolado se non for santo.

Un día, no decurso dunha das súas longas camiñadas, en que ía cavilando na súa pouca sorte, achouse, de súpeto, ante Noso Señor, que viñera á nosa terra para ver como andaban as cousas, e ó velo, EL Señor preguntoulle:

Véxote tristeiro, André, ¿que é o que che acontece?

E Santo André, aproveitando, respondeulle:

Divino Mestre: ando tristeiro porque vexo que, de todo o mundo, veñen xentes visitar o teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para chegaren onda el; e sofren e padecen nos longos días das afastadas romaxes —e con toda a humildade, engadiu:

En troques ninguén vén a de min; o meu santuario está decote baleiro, como se eu non for tamén voso discípulo.

Noso Señor, ollándoo con agarimo, díxolle entón:

Dis ben, André, e ti non has ser menos do que Xacobe. De hoxe en diante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen que tiver visitado o teu santuario, polo menos unha vez na vida; e aquel que o non fixer de vivo, farao despois de morto.

E así foi, e por iso se di: "A San André de Teixido, vai de morto que non vai de vivo".

  • DIRÍAS QUE ESTES TEXTOS SON LITERARIOS? XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA.

  • DIRÍAS QUE PERTENCEN Á LITERATURA POPULAR? XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA.
    SE É ASÍ, DE QUE TIPO SON? XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA.

  • QUE FINALIDADE PRIMA EN CADA UN DOS TEXTOS?


2. DESPOIS DE LER O TEXTO QUE VÉN A CONTINUACIÓN, SINALA QUE FINALIDADE TERÍAN AS HISTORIAS CREADAS E CONTADAS ARREDOR DA PERSONAXE QUE TRATA.

O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar (no sentido de comer) a alguén, especialmente os nenos.

O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso coma os nenos. Segundo outros, desta forma saca cartos ao vendérllela ós vellos, para cambiar o seu sangue por outro máis novo.

A orixe do personaxe pode talvez ser medieval, polos casos de antropofaxia que se deron nas grandes fames.

Etimoloxía: do gótico saka ("preito, extraer, sacar") e do latín unctum ("aceite, ungüento, manxar"). Galipedia

3. DESPOIS DE LER ESTA MOSTRA DE LITERATURA POPULAR, INDICA O SEU TIPO, A SÚA FINALIDADE E EXPLÍCA O SEU CONTIDO. SE TI COÑECES OUTRA MOSTRA, DA LITERATURA GALEGA OU DOUTRA, COA MESMA MENSAXE, ESCRÍBEA..

Na terra dos lobos

ouvear coma todos

4. DESPOIS DE VER O VÍDEO QUE APARECE A CONTINUACIÓN, RESPONDE A ESTAS PREGUNTAS:

  • QUE É UNHA REGUEIFA?
  • QUE CONEXIÓNS TEN A REGUEIFA E O RAP?

5. ESCOLLE UN DESTES TEMAS E INVESTIGA:

  • A ESTADEA
  • AS MULLERES NO REFRANEIRO

2.


están na eternidade



Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24