Velaquí vos deixo mostras dos traballos feitos por alumnos de 3º no curso 2011/2012.

TRABALLO FEITO POR ANA BARTOLOMÉ, ACERCA DO PRIMEIRO POEMA ESCRITO POR CURROS, "CÁNTIGA"

ESTA É A PORTADA:

PORTADA

 ESTAS SON AS DÚAS PRIMEIRAS PÁXINAS:

PAXINA1

A PRIMEIRA PÁXINA DESPRÉGASE E APARECE A BIOGRAFÍA E O POEMA:

PAXINA1A

A PARTIR DE AÍ, NAS SUCESIVAS PÁXINAS, ANA VAI DEBUXANDO O QUE CONTA O POEMA:

PAXINA2

CONTRAPORTADA

FRAGMENTO DO TRABALLO FEITO POR CATARINA JANUARIO, ACERCA DO MESMO POEMA, "CÁNTIGA"

"Cántiga" é o primeiro poema de Curros publicado.
Os seus principais temas son o abandono amoroso, a emigración e a morte que provoca a tristura.
O poema cóntanos como unha rapaza se lamenta porque o seu amado xa non está con ela e, segundo parece, el é un galán que se marchou sen motivo. Pero, máis adiante, podemos aprezar que non é así; el tamén sofre por non estar con ela, pero, inda así, ten que partir en busca de traballo a outro lugar, seguramente a América. Xa, ó final do poema, cóntanos o que senten os que foron testemuña do sufrimento dos dous namorados, que acaban mortos.

TRABALLO FEITO POR SONIA SEIJO E SANDRA BARREIRO, ACERCA DO POEMA QUE ESCRIBE CURROS A RAÍZ DA MORTE DO SEU FILLO, "AI"

No poema reflíctese a tristura de Curros cando o seu fillo morre a causa da varíola. Curros séntese impotente ante a morte do seu fillo, que se vai sen, el, poder facer nada.

No traballo represéntase a marcha da alma do neno ó ceo; o seu pai intenta retelo pero non o consegue (simbolizado isto, coa falta das súas mans), xa que el ten que permanecer no mundo.
Coa falta do seu fillo, Curros séntese incompleto, "nu" (simbolizado isto coa súa figura espida).

AI

FRAGMENTO DO TRABALLO FEITO POR GONZALO BLANCO, ACERCA DO POEMA "O MAIO"

Este é un poema de Curros Enríquez, autor de ideoloxía liberal, progresista e anticlerical, e un dos principales representantes do Rexurdimento galego.
Este poema cóntanos que uns nenos van pedir castañas,celebrando o maio, á porta dunha casa. Os rapaces, supoño que son pobres  porque, segundo nos conta o narrador, levan os puchos furados;el mándalles calar porque non ten que lles dar, tamén era pobre, era "o probe do obo galego".
Estes personaxes reflicten a situación do pobo galego, que está sufrindo unha época de miseria e de corrupción. Curros di, por boca do vello do poema, que será feliz e libre cando se libre das persoas que lle rouban os beneficios do que traballa ao pobo, coma os nobres que esixen altas cotas para deixar cultivar os terreos ou os cregos que, mentres o pobo pasa fame, eles teñen abundancia. Por último comenta que se queren que lles dea comida, que lle canten un maio nunha época feliz na que no existan as personaxes coma os cregos e a xente que rouba ao pobo galego.
O tema penso que é unha crítica social na que quere defender ao pobo galego dos abusos que sofre.
O poema gustome porque fai dunha forma enxeñosa unha crítica aos que maltratan
ao pobo(...)Tamén paréceme ben que critique a desigualdade...

TRABALLO FEITO POR DAVID BARREIRO, ACERCA DO POEMA QUE CURROS LLE ADICOU A ROSALÍA TRAS O SEU PASAMENTO

Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24