A planificación do departamento de Tecnoloxía aproveitando os cambios metodolóxicos e de contidos que implica a nova LOMCE supón a introdución da metodoloxía de proxectos, a inclusión da programación e o traballo cooperativo.

Este curso académico comezamos en 3º preparando xa o que imos facer no vindeiro, a idea é a de traballar cunha maqueta dunha vivenda e achegarnos ó control domótico coa axuda da microcontroladora Arduino, a que estamos a empregar en 3º.

Como podedes ver neste artigo parece que a nosa idea non era tan orixinal, o caso é que sería interesante que un grupo se implicase no deseño (a construción teríamolo que falar con Gumer para a 3ª avaliación) do proxecto.

Se algún grupo está interesado comentádemo. 
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24