Folla de ruta para o inicio do curso.

Folla de rutaAs dúas primeiras semanas do curso adicarémolas a facer a nosa presentación á comunidade de aprendizaxe, establecer as canles de comunicación e a familiarizarnos co entorno da aula virtual botándolle unha ollada xeral ao curso consultando as follas de ruta dos temas, como esta que estás a ler agora mesmo. Sempre terás visibles os temas seguintes ainda que poden estar pechadas as entregas das tarefas.


ObxectivosEsta primeira semana do curso adicarémola a

      • Presentarnos.
      • Coñecer o funcionamento da aula virtual.
      • Coñecer os obxectivos e metodoloxía que imos empregar.
      • Coñecer a estrutura global do curso consultando as follas de ruta: os contidos, as tarefas, as actividades... e sobre todo o proxecto final.
      • Crear as canles de comunicación, debate e difusión do traballo realizado.
      • Actualizar o perfil de usuario nesta aula virtual.
      • Coñecer as normas de Netiqueta.

Icona, cuestionarioEste cuestionario ten por misión aportar información aos profesores para coñecer as túas circunstancias de acceso a internet, a túa presencia nas redes sociais, se xa coñeces algo as aulas virtuais como esta de Moodle, se traballaches algo coas ferramentas de Google...


Icona, contidos de informaciónEstos paquetes de contidos reúnen:


Icona, ferramentasAs ferramentas a empregar neste tema serán:

        • Correo Gmail.
        • Drive.
        • Portafolio en Blogger.
        • Comunidades Google+.
        • Curso virtual Moodle.

Icona, tarefasTarefas desta primeira semana:

      • Crear unha conta en Gmail se non a tes aínda.
      • Enviar un correo ao teu profesor para que che facilite o "usuario" e "contrasinal" deste Curso Virtual e poda invitarte ás dúas comunidades en G+ do curso.
      • Presentarte no Foro de Presentación.
      • Respostar ao Cuestionario Inicial.
      • Actualizar o teu perfil na Aula Virtual do Centro engadindo unha foto túa.
      • Crear o teu blogue portafolio en Blogger.
      • Aceptar as invitacións ás respectivas Comunidades e participar nas súas publicacións de benvida.
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24