Como xa sabes, por unha banda, desenvolver a túa capacidade de comprensión é tarefa previa para acceder a calquera coñecemento e, por outra banda, desenvolver a túa capacidade de expresión é tarefa primordial para transmitir os teus coñecementos. Así que se non comprendes o que les, o que escoitas..., e se non sabes expresar o que tes dentro, estás perdido!
Para desenvolver estas capacidades, como en todo, hai que practicar (ninguén naceu aprendido). Así que aquí deixo o enlace a varios vídeos e imaxes (agardo que che gusten coma a min): míraos (se che fai falta, máis dunha vez), despois redacta o argumento (o que contan) e deduce os seus temas (ideas principais que queren transmitir) e, xa por último, expón a túa opinión persoal.
Lembra:
- Un escrito non está acabado se non está revisado (que non che importe tachar, engadir, reordenar...).
- Eu estou na clase por se necesitas a miña axuda.
VÍDEO 2
VÍDEO 4
VÍDEO 4 : ¿BAILAMOS?
VÍDEO 5: EL ELEFANTE ENCADENADO
VÍDEO 8: PIPAS
IMAXE 2
IMAXE 3
IMAXE 4