Gustaríame que vises este vídeo porque, ó mellor, descobres algunha cousa que non sabías. Calca neste

Non vos teño que explicar que dominar unha lingua non é só escribila máis ou menos correctamente, é tamén falala, ¿non?; así que non esquezades expresarvos en galego na aula.

Por se algún de vós pensa que o fai mal (unha lingua só se aprende practicando) ou por se lle dá vergoña ou por se..., eu que sei!, aquí tedes este

.

Por se aínda alguén necesita máis axuda, aquí vos deixo este texto de Sechu Sende:

INSTRUCCIONES PARA HABLAR EN GALLEGO

Welcome to the best method to learn Galician!

Bienvenu à la meilleure méthode pou apprendre le galicien!

El primer paso que debería dar la persona que pretenda empezar hablar gallego es sacarse una fotigrafía tamaño carné para tener un recuerdo
de cómo era antes de saber hablar gallego.

El segundo paso requiere un esfuerzo algo mayor: enfrentarse a leer sin miedo en la lengua objecto del aprendizaje. ¡Suerte!

E xa estamos no terceiro paso, que ten que ver co método Bulinsky de interpretación teatral, que consiste en asumir o papel dun personaxe que está aprendendo unha lingua con todas as consecuencias dramáticas que iso conleva.

Así, por exemplo, pode disfrazarse cun sombreiro de copa ou bigotes falsos ou perruca é dicir no supermercado, por poñer un caso, as súas
primeiras palabras en galego en boca do seu presonaxe: Por favor, onde están os cepillos de dentes?

A finalidade do disfrace -recomendado para a xente máis tímida- é pasar desapercibidos diante das persoas coñecidas que nesta etapa da
aprendizaxe, nalgúns casos, poden facer fracasar a misión con frases pouco animosas do tipo:

- ¿Y luego ahora hablas gallego? Pues te veo rara (cun ton burlón)

- Uy, que gracioso estás? (cínico)

- ¿Y que dicen tus padres de todo esto? (incrédulo)

- ¿Y como tedio por ahí? (asustada)

- Ostia, colega, ¿y tú de que vas? (molesto)

- Aún si lo hablaras bien? (indignada)

- Nótase que non o mamaches (purista)

A maioría da xente que di esas parvadas non ten mala intención, mais ás veces escápansenos estas cousas que teñen botado para atrás, aínda que
pareza mentira, a algunhas persoas que, cando algún día intentaron falar galego, non o conseguiron debido á presión do que dirán.

O ?que dirán? é unha desas cousas que pode preocupar a unha nai cando o seu fillo rouba un banco, por poñer un caso, mais realmente falar unha lingua no ten as mesmas consecuencias. Hai que ter claro, iso si, que esta será unha pregunta que pode crear inseguridade: Y si empiezo hablar gallego, ¿que dirán?

Nunha categoría semellante estaría o?que pensarán?, o que nos fai reflexionar sobre a importancia da psiquiatría nun proceso de aprendizaxe e uso da lingua galega.

O cuarto paso para comezar a falar galego é rirse dos propios erros antes de que se ría outra xente. Hai que levar con humor eses pequenos disparates e interferencias do tipo ?Este libro é miño? ou ?Voute pegar unha
leite? sabendo que ningunha persoa da historia pasou do estado A: Non falar unha lingua ao estado C: Falar ben unha lingua sen un período intermedio B: Falar máis ou menos mal esa lingua.

A xente que saiba ler pode atopar algo de axuda nos libros. Nos dicionarios veñen case todas as palabras ordenadas do A ao Z.

A xente que non saiba ler ou prefira non facelo que non se preocupe. Hai moitos casos de persoas que nunca leron un libro en galego e o falan perfentamente.

Estamos chegando ao final, entrando xa na etapa de desmitificación da lingua galega, cando descubrimos que realmente o galego é unha lingua
como outra calquera, sen aparentes poderes trascendentais engadidos. E así podemos sorprendernos un día preguntándolle a hora en galego a alguén con toda naturalidade, sen darnos conta.

Conseguido o noso obxectivo, descubrimos de maneira sorprendente que, contra o que pensa algunha xente, para falar galego non é imprescindíbel ser independentista nin necesario ir vivir a unha aldea.

O último paso destas instrucións para falar galego non ten volta atrás: Chegou a hora de comparar a antiga foto de carné coa nosa imxe actual nun espello e comprobar que todo segue no mesmo sitio.

Os cambios son imperceptíbeis, e calquera transformación inesperada só pode ter como
explicación o paso do tempo ou calquera outra incidencia allea á lingua galega.



Made in Galiza, Editorial Galaxia, 2007

Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24