Eu de maior quero ser

Presentación con exposición

Introdución

Chegou o momento de comezar a planificar o teu futuro. 

Nesta tarefa pretendemos que descubras ou definas a túa futura "ocuPasión". 

Facilitarémosche unha serie de enlaces onde atopar información temática, pero máis importante que darche enlaces o que nos interesa e que te acostumes a buscar e que aprendas a valorar a información dos organismos oficiais que sempre serán máis fiables e obxectivos.

É o momento de reflexionar sobre os teus intereses e aptitudes, coñecer as posibilidades de formación existentes e tomar unha decisión vocacional.