Cóntame un conto ou leme unha poesía

Tarefa de realización dunha presentación con banda sonora.

Introdución

Edición Audiovisual

Os contidos audiovisuais están abarcando cada día que pasa máis campos, entre eles os educativos. Por outra banda a evolución de internet e da web 2.0 mudou o noso comportamento como meros consumidores pasando a facilitarnos a creación de contidos.

Estas dúas circunstancias xustifican a tarefa que vos propoñemos: crear outro xeito de disfrutar dun conto ou dunha poesía incorporando imaxes e sons ao máis tradicional medio escrito de transmisión destes contidos.


O vídeo que vos poño agora non é un exemplo para o traballo desta tarefa (salvo o xeito de presentar os créditos do que xa falaremos) senon para motivarvos a ser creativos e experimentar audiovisualmente.