A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

SECULO XX

A LITERATURA DE PREGUERRA

  1. CONTEXTO HISTÓRICO

BASILIO

     
  • Xorde o agrarismo, movemento que loita para que os campesiños poidan ser donos das terras que traballan. A principal asociación, nesta loita, é Acción Gallega, liderada por un crego de Ourense, Basilio Álvarez.
    No 1926, na ditadura de Primo de Rivera, conseguen o seu obxectivo. Como consecuencia, desaparece a fidalguía e aparece un campesiñado propietario.

  • Medra a industria (de conservas, de construción naval...), o comercio e a banca. Como consecuencia, por unha banda medran as cidades, especialmente a Coruña e Vigo, por outra banda, a burguesía comeza a ter certo peso na sociedade.

  • Ligadas ó galeguismo, xorden as Irmandades da Fala, no 1916, asociacións destinadas a defender a lingua e a cultura galegas, e que reclaman:

    • Autonomía para Galicia para poder solucionar os problemas do País (pobreza e emigración masiva).

    • Organización federal da Península.

    • Cooficialidade entre o galego e o castelán.

    • Fomento da cultura galega:

      • Crean xornais (A Nosa Terra...)

      • Crean editoriais (Nós...)

      • Crean o Seminario de Estudos Galegos, institución destinada a investigar acerca da xeografía, da historia..., de Galicia.

  • No 1931, nace o Partido Galeguista, conseguindo situar nas cortes da República, a Otero Pedrayo e a Castelao. En xuño de 1936 conseguen que se aprobe o 1ª Estatuto de Autonomía para Galicia, que nunca se pon en práctica pola Guerra Civil e pola posterior implantación da ditadura.


  1. A CREACIÓN LITERARIA
    Antes da Guerra Civil, asistimos á presenza de dous grupos de escritores con características comúns: A Xeración das Irmandades e a Xeración Nós.