A LITERATURA GALEGA DENDE AS ORIXES ATA O SÉCULO XIX

 DA LITERATURA MEDIEVAL Ó REXURDIMENTO

1. A LITERATURA MEDIEVAL

A LITERATURA MEDIEVAL

En conxunto, o século XII foi positivo para tódolos sectores sociais: a nobreza conserva o seu predominio económico e político; a burguesía, que experimentou un ascenso limitado (mais mantendo un apreciable poder municipal), medra e prospera; os labregos participan da auxe agrícola e económico en xeral, e coñecen unha situación desafogada. A prosperidade é nacional; é un século de expansión de Galicia.

Tal estado de cousas non deixa de reflectirse a nivel cultural e artístico. O florecemento da arte románica en Galicia, que se difunde desde o centro compostelán (pénsese nas Praterías e no Pórtico da Gloria) por todo o país (pénsese no Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense), móstranos a maduración e o gran dinamismo da sociedade galega nesa centuria. Os seus logros artísticos poden ser incluídos, sen temor á esaxeración, entre as máis altas produccións da Humanidade.

E cabe dicir outro tanto da poesía lírica, que agora e na centuria seguinte encontra o seu esplendor. Debémola tanto á afluencia de peregrinos e comerciantes europeos, e en concreto provenzais (que tal vez aportan o xerme do seu estilo), como á plenitude da sociedade galega, que ten unha nobreza rica e ociosa que goza e paga poemas e

...

LÓPEZ CARREIRA, Historia de Galicia