TiddlyWiki. 400 puntos. Individual ou por parellas.

Tiddlywiki.

Ideas para a elaboración da tarefa con TiddlyWiki

Esta tarefa pode complementarse posteriormente moi ben con AppInventor xa que con Tiddywiki recopilamos información e coa aplicación dámoslle visibilidade vía móbil.

Aínda que tamén teredes que traballar que contidos vanse publicar no TiddlyWiki o máis relevantes nesta primeira incursión na ferramenta é o propio uso dela e a investigación das súas posibilidades en tarefas futuras.

Para que saibades o mesmo ca sei eu podedes ollar estes dous artigos de Juan José de Haro no seu blogue EDUCATIVA:

Guía TiddlyWiki por Juan José de Haro, publicado o 24 de marzo 2016, xa vedes que estas cousas están recén saidiñas do forno sonrisa.


Esta tarefa pode desenvolverse por parellas ou individualmente e consiste na explicación do seu funcionamento aplicándoo a unha temática da vosa elección.