Mapa mental de Robótica. 100 - 200 - 400 ptos. Individual ou por parellas.

Mapa mental robótica.

Ideas para a preparación da tarefa.

É cada día máis frecuente realizar traballos de investigación sobre temáticas de distinta índole que implican a esquematización. En tempos un esquema era pouco máis que un índice con distintas sangrías para logo pasar ós esquemas tipo árbore. Hoxe os mapas mentais ou conceptuais son dixitais e interactivos.

A partires deste traballo sobre robótica cunha formalización e contido pouco actualizada xa que é do 2003 proponse a seguinte liña de traballo:

  • Realizar un mapa mental dixital dos contidos. 100 ptos.
  • Realizar un mapa mental dixital dos contidos hiperenlazados á Wikipedia. 200 ptos.
  • Realizar un mapa mental dixital dos contidos hiperenlazados á Wikipedia (<50%) e a vídeos explicativos (>50%). 400 ptos.
Así definido sería unha tarefa individual pero se queredes facela en parella a fase de sintetizado e investigación sería común pero a formalización tería que ser que cada un empregue unha ferramenta ou mapa mental distinto, deste xeito poderedes comparar as posibilidades de cada unha.