Imaxes Interactivas. En preparación

Cando unha imaxe deixa de ser estática.

Introdución

Nesta ocasión imos traballar con imaxes interactivas plantexándovos dúas ferramentas e dúas posibilidades temáticas: 
  1. Thinglink xa é unha aplicación coñecida dos cursos anteriores e poderedes analizar opcións e posibilidades a través dos traballos dos vosos ex-compañeiros.
  2. Genial.ly é unha nova aplicación, española, de recente creación e que promete.

Esta tarefa permítevos escoller entre 2 opcións con diferente valoración:
  • Opción 1.- 50 ptos. Thinglink interactivo sobre un tema a escoller relacionado coa afición que escolliche para o teu blogue.
  • Opción 2.- 100 ptos. Cartel interactivo feito con Genial.ly, temática a escoller.
  • Opción 3. Puntuación variable (50-100 ptos) segundo o teu proxecto e a ferramenta (ver este artigo) nesta opción non val escoller Thinglink.