Mapa mental de Robótica. 100 - 200 - 400 ptos. Individual ou por parellas.
Mapa mental robótica.
Ideas para a preparación da tarefa.
É cada día máis frecuente realizar traballos de investigación sobre temáticas de distinta índole que implican a esquematización. En tempos un esquema era pouco máis que un índice con distintas sangrías para logo pasar ós esquemas tipo árbore. Hoxe os mapas mentais ou conceptuais son dixitais e interactivos.
- Realizar un mapa mental dixital dos contidos. 100 ptos.
- Realizar un mapa mental dixital dos contidos hiperenlazados á Wikipedia. 200 ptos.
- Realizar un mapa mental dixital dos contidos hiperenlazados á Wikipedia (<50%) e a vídeos explicativos (>50%). 400 ptos.
Así definido sería unha tarefa individual pero se queredes facela en parella a fase de sintetizado e investigación sería común pero a formalización tería que ser que cada un empregue unha ferramenta ou mapa mental distinto, deste xeito poderedes comparar as posibilidades de cada unha.