Preparando "Eu de maior quero ser ..."

Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.

Por onde comezar?

A situación de cada un de vos respecto de ter unha idea clara sobre o futuro académico-profesional vai ser moi diversa e mesmo será frecuente que non a teñades. Antes de nada, e en calquera dos casos anteriores, debes ler "27 preguntas para descubrir tu pasión", porque un traballo é menos traballo se se fai con gusto. Segue ó teu corazón e estuda o que che guste. Fáille caso ó neno: "eu de maior quero ser..... FELIZ"



Este fantástico blogue de Orientación de Mónica Diz axudarate agora.

  • Se non tes definido o que facer, localiza e realiza algúns dos cuestionarios para descubrir a túa vocación ou afinidade cun campo profesional.
  • Se xa tes claro o que facer, acude ás webs oficiais e recopila a información que se axuste ás túas circunstancias persoais.
  • Podes ollar esta canle con máis de 100 minivídeos sobre .