Preparando "Eu de maior quero ser ..."

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: Preparando "Eu de maior quero ser ..."
Imprimido por: Invitado
Día: domingo, 22 de septiembre de 2024, 19:57

Descripción

Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.

Motivación

Emotividad

Por onde comezar?

A situación de cada un de vos respecto de ter unha idea clara sobre o futuro académico-profesional vai ser moi diversa e mesmo será frecuente que non a teñades. Antes de nada, e en calquera dos casos anteriores, debes ler "27 preguntas para descubrir tu pasión", porque un traballo é menos traballo se se fai con gusto. Segue ó teu corazón e estuda o que che guste. Fáille caso ó neno: "eu de maior quero ser..... FELIZ"



Este fantástico blogue de Orientación de Mónica Diz axudarate agora.

  • Se non tes definido o que facer, localiza e realiza algúns dos cuestionarios para descubrir a túa vocación ou afinidade cun campo profesional.
  • Se xa tes claro o que facer, acude ás webs oficiais e recopila a información que se axuste ás túas circunstancias persoais.
  • Podes ollar esta canle con máis de 100 minivídeos sobre .

Recursos Orientación

Primeiro terás que reflexionar sobre ti mesmo e permitir que un cuestionario te suxira opcións. Será por cuestionarios?

Lembra 
que a decisión é túa, que non cha marque un cuestionario,
que as decisións son como a froita, deben madurar, e
que as grandes decisións son froito de largas reflexións.

Orientaguía é o blog de Claudio Castilla, orientador do IES Ramón Arcas Meca de Murcia. CC-BY-NC-SA. 
Inicialmente recoméndovos a lapela "Proyecto Vocacional" aínda que logo seguro que pasaredes moito tempo neste blog dunha calidade recoñecida con varios premios, curioseade polas lapelas e polos enlaces do lateral.

O Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa publicou este documento en maio de 2014 do que destaco:
  • Resumen da Selectividade (a vós xa non vos toca).
  • Estructura dos Graos segundo o Plan Bolonia.
  • E esas outras profesións como Bombeiro, Policía, Vixiante, Piloto, Militar, etc. que son outras opcións académicas específicas (páxinas 29-30)


Se en primeiro lugar fixeches un cuestionario para detectar a túa vocación o segundo que debes facer, pola urxencia, é ver como vai ser o teu Bacharelato o ano que ven, neste Resumen da LOMCE tes a información para tí sobre o bacharelato e para as túas amizades respecto da Educación Primaria, Secundaria e Fomación Profesional Básica.


"Recursos en internet para la Orientación Académica y Profesional" é un repositorio comentado de enlaces relacionados co título. Pertence ao Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa de Madrid e nos documentos elaborados por eles fan referencia aos estudios da súa comunidade.

Un recurso interesante é este "De las ocupaciones que conoces a las que no conoces" onde descubrirás que, ao igual que a Tecnoloxía e a Informática, o mundo laboral tamén sofre cambios moi rápidos e tanto aparecen novas profesións e oficios como desaparecen outros. 

O Instituto Galego das Cualificacions conta cunha excelente e moi visual páxina de información, onde podedes atopar desde as profesións máis contratadas por comarcas ata información que relaciona as profesións e o mundo laboral. 

Nesta liña tamén está o "Buscador de ocupaciones" do concello de Barcelona.

Para ver todos os estudos esta web de Ibercaja Orienta semella moi intuitiva e rápida, non ten pinta de entrar en moito detalle pero para unha visión xeral e por riba pode ser do voso gusto. Emagister é outra empresa que ao mesmo tempo que informa de todo tipo de estudos tamén oferta os seus propios, unha web moi intuitiva tanto para informarse dos estudios superiores como de onde facelo.

Non é o momento pero debes saber que as administracións tamén teñen os seus portais relacionados coa búsqueda de emprego como ésta de Andalucía.

Portal Galego da Formación Profesional:
FP Galicia

Portal MEC da Formación Profesional:
FP MEC




A Presentación (Opción A)

Para conseguir unha boa presentación debes ler o seguinte artigo de Javier Fernández Panadero titulado "Consejos para presentaciones" publicado no seu blogue "La Ciencia para todos". Ou visionar o seguinte vídeo que recolle todo o necesario para diferenciar unha presentación de acompañamento a un discurso doutra que estea aloxada na rede para ler individualmente.


Tede coidado se sodes amigos das presentacións dinámicas porque podedes conseguir o efecto contrario ao desexado.
Recoméndoche esta "Inmunoterapia frente a presentaciones aburridas" de Ángel Micelti en Prezi:

A Presentación (Opción B)

Por se aínda non o sabías hai dous tipos de presentacións: as que se inserirán nun blogue ou web para explicar algo e as que apoiarán unha exposición.

Vós ides preparar unha que vos acompañe na exposición pública sobre o voso futuro académico-profesional pero xa que vai estar publicada no voso blogue tamén debe incluir enlaces que permitan ampliar a información dos lectores interesados.

Para non cometer erros convén aprender a facer unha presentación e aquí vos deixo varias suxestións, aconséllovos que os olledes todos dun xeito moi rápido e logo parádesvos no que vos atopedes máis cómodos.




Se vos pareceron estas presentacións de Alberto tan interesantes como a min podedes ver as 3 seguintes na súa canle de In Slide Share.

A Exposición

"Cómo iniciar un discurso y perder al público en un momento" é un artigo de Sebastián Lora onde ademais do indicado no título recoméndanos 5 maneiras de inicialo de xeito impactante. Ó remate tedes tamén enlaces suxeridos que poden ser do voso interese.

Estes son algúns dos TIPS que vos correxirei, se os facedes, na vosa exposición, do artigo "8 Gestos que debes evitar mientras enseñas a tus alumnos".

A entrada no blogue

Nesta segunda tarefa de publicación no voso bloque aproveitade para seguir investigando no voso ESTILO e para iso tedes que ver moitos blogues e, co tempo, irédevos fixando tanto no que se di como no xeito de dicilo, no contido e no continente, no fondo e na forma.

Un artigo que vos recomendo tanto pola forma como polo fondo é este de "27 preguntas para descubrir tu pasión" (fíxate no título, non te chama a atención?) e que ven podería recomendarse como introdución desta tarefa.

Traballos do curso 2014-15

Na Publicación "Eu de maior quero ser" da Comunidade Pública de G+ Inforeba1415 están recollidos os enlaces ós artigos nos blogues das presentacións realizadas polos alumnos do curso pasado.

Fixádevos que as condicions mudaron: naquel momento pedíanse 8 diapositivas, non había un formato de referencia dos recursos empregados, nin había que licenciar a presentación.

Cada ano hai que ir mellorando e aprender sobre o feito, analizando e propoñendo melloras:

20 diapositivas facilita unha presentación máis dinámica e visual.
10 segundos por diapositiva (o Pecha-Kucha propón 20 segundos pero deste modo saen exposicións de máis de 6 minutos e non nos da tempo a todos).

  • Portada con Profesión e Autor.
  • 17 diapositivas que poden ter a estrutura que vexades, podedes seguir unha secuencia cronolóxica ou presentar o porqué da vosa profesión e logo explicar como chegar a ela. (centros de estudio, itinerarios, materias a cursar, medios de transporte a empregar, residencias ou aluguer de piso, especialización posterior, en que consiste o traballo, etc.)
  • Diapositiva de referencias.
  • Licencia e ubicación do traballo. Debe conter a seguinte información (non necesariamente nesta orde): licencia, autor, profesor, "IES Eduardo Blanco Amor - Culleredo", "Informática 4º ESO".

Webgrafía e Licenza

A derradeira diapositiva debe incluir a webgrafía e a licenza que lle outorguedes ó voso recurso.

Esta diapositiva non ten que ter o tamaño de letra do resto da presentación xa que non é imprescindible que o auditorio a lea a distancia, o seu obxectivo é o aceso ás fontes dende un equipo informático. Neste caso tampouco se deben empregar url acortadas xa que poden enmascarar destinos non desexados.

Para recoller a webgrafía sóese empregar o formato APA:

Cómo citar información de la web social según la Universidad de La Laguna

Para imaxes, vídeos e podcast nos vosos blogues:


Título. Autor. Aloxamento. Licenza
(Todo hiperenlazado)
Exemplos:

Atribución dunha imaxe
Atribución dunha imaxe. Dominio Público.



Atribución dun vídeo
Atribución dun vídeo. Dominio Público.


Para licenciar o voso recurso:




Sé creativo, es muy cuando te saltas a los intermediarios. CreativeCommons en YouTube. CC-BY-SA-NC



Creative Commons, tipos de licencias. UTEyCV en YouTube. Licencia YouTube Standard.




Tendencias

Jordi Piella. Analiza a súa formación os campos de traballo. Fíxate na "formación contínua".