Preparando "Eu de maior quero ser ..."

Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.

A Presentación (Opción B)

Por se aínda non o sabías hai dous tipos de presentacións: as que se inserirán nun blogue ou web para explicar algo e as que apoiarán unha exposición.

Vós ides preparar unha que vos acompañe na exposición pública sobre o voso futuro académico-profesional pero xa que vai estar publicada no voso blogue tamén debe incluir enlaces que permitan ampliar a información dos lectores interesados.

Para non cometer erros convén aprender a facer unha presentación e aquí vos deixo varias suxestións, aconséllovos que os olledes todos dun xeito moi rápido e logo parádesvos no que vos atopedes máis cómodos.




Se vos pareceron estas presentacións de Alberto tan interesantes como a min podedes ver as 3 seguintes na súa canle de In Slide Share.