Temas semanais para a reflexión

Esas outras cousas da nosa vida que esquencemos na educación formal.

Motivación académica: Y tú...¿pasas? (4:09)

Se chegache ata 4º supoñemos que agora non te rendirás nin pasarás de sacar o Graduado.
De tódolos xeitos non está demais que tomes unha dosis de motivación, aproveita o consello de Samu.



Pero ten cuidado, Samu non pretende minusvalorar calquera ocupación ou traballo, todos son importantes e necesarios, pero eres ti quen nos importa e todos somos conscientes que tanto a nivel profesional como persoal a formación é determinante.

Este vídeo está feito nun momento moi duro, cando España estivo no peor da crise e estoupou a burbulla inmobiliaria. Un momento no que moitos rapaces deixaron os seus estudos para poñerse a traballar na construción e cobrar máis que un mestre de escola (lóxicamente o horario e o esforzo tamén eran maiores). Un momento no que, sen ese traballo non cualificado e sen outra formación, as posibilidades de conseguir a tan ansiada autonomía económica converteuse nun imposible.