Tarefa 05.02: Imaxe 3D no blogue.

Se na tarefa anterior aprendiches a enviar un ficheiro a un AV nesta terás que compoñer unha entrada no teu blog que inclúa:
  • A imaxe enviada na tarefa anterior, é dicir, unha imaxe en formato .png sacada do Sketch Up coa peza colocada na posición que consideres máis representativa ou que se vexa mellor.
  • Unha fotografía (ou varias) da peza real que vos facilitamos e que tomastes co voso móbil.
  • Unha fotografía da folla onde debuxastes a man alzada as 3 vistas principais e anotastes as cotas ou medidas necesarias para logo debuxala no Sketch Up.
  • Un texto explicativo (mínimo 5 liñas) do proceso seguido no que podedes introducir a entrada coa tarefa prantexada polo profesor, as fases que seguistes, a vosa impresión da ferramenta de debuxo en 3D, as dificultades que atopastes, os vídeo-titoriais que visionástedes antes de comezar a traballar (enlazándoos), etc.


Ainda que a representación no Sketch Up e as fotografías son traballo de equipo, a folla coas vistas e perspectiva realizadas a man alzada así como a entrada no blogue persoal son traballos individuais.


O enlace que enviaredes a esta tarefa do AV terá que ser un enlace acortado á entrada.


Criterios de cualificación:
  • 20 ptos. Imaxe da peza.
  • 20 ptos. Fotos da peza.
  • 20 ptos. Foto do croquis coas vistas e perspectiva.
  • 20 ptos. Texto explicativo con enlace.
  • 20 ptos. Composición da entrada.