Tarefa 04.04: Curta #CulleredoPoloBoTrato

  1. Envía (escribe) o título da túa curta enlazado á entrada do teu blogue -e a url- onde teñas inserido (que non enlazado) o teu vídeo (aloxado previamente na plataforma YouTube) xunto coa túa reflexión sobre o tema e o comentario sobre o proceso de realización do recurso audiovisual, fontes empregadas, recursos inspiradores, opinión sobre o concurso, etc. Se o vídeo non o tes subtitulado co diálogo terás que escribilo na túa entrada.
      • Do estilo Implicándome no meu blogue. URL: http://..........
  2. Envía (escribe) o título da túa curta enlazado á plataforma YouTube onde está aloxado e a url. 
      • Do estilo: Implicándome en YouTube. URL: http://..........

Lembra que o arquivo orixinal chamarase:
TítuloOrixinal_NomeApelidoApelido_NomeApelidoApelido_CCBYNCND
Duración mínima 90 segundos - duración máxima 120 segundos

Comprobade no mesmo momento do aloxamento:
  1. Título e Nome con Apelidos tal e como esixen as bases do concurso.
  2. Na Descripción indicaredes: "Curta participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo." Valorarase a inclusión dos subtítulos coa transcripción do texto. TODO EN GALEGO (voz e texto).
  3. Incorporar o hashtag #CulleredoPoloBoTrato na caixa de texto das Etiquetas.
  4. Configurar o vídeo como Creative Commons.

A diferencia do indicado nas bases do concurso, NON SE PERMITEN AUDIOS CON DEREITOS DE AUTOR, e na entrada do blogue teredes que indicar, se incorporades un fondo musical instrumental, tanto o nome da peza e ou autor como o enlace ó aloxamento onde figuren eses datos xunto coa licencia. Se o fondo instrumental é unha interpretación vosa indicádelo tamén na entrada, neste caso algo parecido a "título da peza" interpretado ó "instrumento" por "Nome Apelido" (se a peza é orixinal, igual).

O vídeo contará con:
  1. Portada co título, o hashtag e o nome dos autores.
  2. Contraportada cos créditos:
  •  "Curta participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo."
  • Autores (Nome e Apelido)
  • Actores.
  • IES Eduardo Blanco Amor
  • Profesor: ......................
  • Fondo musical (se existe): Título, Autor, Licencia, url de descarga.
  • Licencia CC-BY-NC-ND
  • "Os autores contan coas autorizacións de difusión da imaxe persoal dos actores segundo a súa idade e con fins exclusivamente educativos e enmarcados nesta campaña de concienciación social"


Se a túa entrada é longa e queres que na páxina principal só se amose o título e un pequeno resume ou entradillasegue a ler ... (cando inclúas esta opción indícao no teu envío e valorarémolo positivamente).