Tarefa 01.09: Lapelas en Blogger

Cando o blogue vai crecendo en número de entradas comeza a ser necesario ilas etiquetando para poder localizalas nun futuro. Estas etiquetas por temáticas -ou materias nun blogue escolar- facilitan a busca futura dun determinado artigo. Cada entrada pode ter máis de unha etiqueta.

Nesta tarefa pídesevos que situedes unhas lapelas (pestañas) por materia ou temática de xeito que os contidos de Informática se localicen independientemente do resto do blogue.

Este titorial pode serche de utilidade:

Autoría: Angel Acción. URL do vídeo: 


Obxectivo desta tarefa:
  • Crea a lapela INFORMÁTICA
  • Etiqueta todas as entradas existentes (nas futuras terás que facelo no momento de publicalas)
  • Nesta tarefa escribe o título do teu blogue e hiperenlázao de xeito que ó clicar no mesmo acedamos directamente a el nunha nova xanela (ventana) de xeito similar a como o fago eu:

Lista de cotexo de aspectos a avaliar:
  • Enlace
    • Título do blogue.
    • Hiperenlazado.
    • Abre en xanela nova.
  • Blogue
    • Lapela INFORMÁTICA.
    • Outra lapela temática (materia, afición, etc.)
    • Funcionamiento correcto.