Tarefa 03.01: Eu de maior quero ser ...

Envía o enlace acortado á entrada do teu blogue onde teñas publicada a túa presentación realizada con Google Drive e que debe incluir un artigo de acompañamento.


Publicación da Presentación de Drive no blogue:
  1. Unha vez rematada a presentación ides a "Archivo-Publicar en la web" e publicádelo.
  2. Clicades na opción "Insertar" para obter o código HTML (neste punto tendes para escoller o tamaño da presentación e o tempo de pase de diapositivas)
  3. No blogue, se inserides a presentación antes que o texto, introducide unhas cantas liñas en branco e logo pasade do aspecto "Redactar" a "HTML", colocádesvos logo dun <br /> (salto de liña) e colades o código.
  4. Volvedes a "Redactar" e observades cómo queda.
    • Se houbese que reducir o tamaño da presentación porque se sae do bloque central volvedes a editar a entrada, ides a "HTML" e localizades as dimensións ancho-width="200" e alto-height="200" modificando os números proporcionalmente (dividídelos polo mesmo número para manter a proporción). Comprobades como queda e volvedes a repetir o proceso ata que quede do voso agrado.
    • Centrádelo se é preciso seleccionándoo en modo "Redactar" e aplicando o alineado.


Antes de envialo repasa o contido.
  • Da Presentación (formato Pecha-Kucha -modificado- 20 imaxes x 10 segundos):
    • Portada con Profesión e Autor.
    • 17 diapositivas que poden ter a estrutura que vexades, podedes seguir unha secuencia cronolóxica ou presentar o porqué da vosa profesión e logo explicar como chegar a ela. (centros de estudio, itinerarios, materias a cursar, medios de transporte a empregar, residencias ou aluguer de piso, especialización posterior, en que consiste o traballo, etc.)
    • Diapositiva de referencias.
    • Licencia e ubicación do traballo. Debe conter a seguinte información (non necesariamente nesta orde): licencia (CC-BY, CC-BY-ND, CC-BY-NC, CC-BY-ND-NC), autor, profesor, "IES Eduardo Blanco Amor - Culleredo", "Informática 4º ESO", curso 2015-1.
  • Da entrada no blogue:
      • Antecedentes previos á realización do traballo, se tiñas claro que ser de maior ou non, se o que queres ser ten relación coa profesión dalgún familiar, se as saídas laborais influiron na túa decisión ou é máis persoal a elección, etc.
      • Opinión persoal da pertinencia deste tipo de actividade de afianzamento persoal e investigación sobre que facer e que me vou atopar o ano que ven e os seguintes.
      • As dificultades atopadas.
      • Os recursos empregados na investigación, na realización da presentación, na preparación da exposición. Este é un bo momento para incluir referencias e enlaces.

Logo das primeiras correccións vexo que moito non mirastes sobre cómo facer a presentación, sobre o percorrido académico-profesional sí. Polo tanto insiro aquí unha infografía con 25 erros moi comúns para que sexades un pouco autocríticos.

25 errores para destrozar unha presentación.

25 errores para destrozar una presentación de Belén Claver no artigo de Juan Luís Bermúdez en Soft&Apps [consultado o 28/10/2015].