Tarefa 01.08: Compartindo o teu blogue na Comunidade Pública

Neste curso académico imos contar tamén cunha Comunidade de G+ INFOREBA_1516_PÚBLICA, é dicir, todo o que nela se publique será visible internacionalmente aínda que só nós poderemos publicar e comentar.
Introducimos esta comunidade para que vos acostumbredes a diferenciar o carácter PÚBLICO ou PRIVADO das Redes Sociais e que hai cousas e, sobre todo, opinións que deben quedar nun círculo de amizades máis pequeno.

Se na comunidade PRIVADA compartiremos opinións e debates nesta comunidade PÚBLICA divulgaremos información e os nosos traballos. Polo de agora imos comezar polos vosos BLOGUES.

Buscade no lateral esquerdo a Publicación "Blogs de INFOREBA_1516" e publicade un post similar ao de Ángel coa axuda das instrucións desta imaxe:
Indicacións para un post en G+ con enlace

Nas anteriores tarefas enviaches url longas ou completas pero de aquí en adiante deberás envialas acortadas empregando o acortador que te sexa máis doado, nós empregamos o acortador de Google.

Obtén a url do post do mesmo xeito que na anterior tarefa e logo acórtaa.

Envía o enlace acortado ao teu post na Publicación "Blogs de INFOREBA_1516" na Comunidade "INFOREBA_1516_PÚBLICA" onde teñas publicitado o teu blogue.