Tarefa: Curta polo bo trato, contra a violencia de xénero

Nesta tarefa terás que enviar o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas inserido a túa curtametraxe (subido previamente a YouTube ou similar) e o acompañes cunha pequena xustificación do mesmo, ferramentas e recursos empregados, fontes de recursos, se son propios ou con licencia CC (neste caso indicarase a url de cada un dos recursos) así como que é o que pretendes coa mensaxe escollida.

O nome do arquivo mp4 será: nomeapelidoapelido_cvx.mp4

20 puntos serán para o feito de ter aloxado o mp4 na carpeta compartida.


Promociona a entrada na Comunidade Pública dentro da Publicación 25 N Contra a Violencia de Xénero.