Tarefa 01.09: Presentando o teu Blog na comunidade INFOREBA_1415_PÚBLICA

Neste curso académico imos contar tamén cunha Comunidade de G+ INFOREBA_1415_PÚBLICA, é dicir, todo o que nela se publique será visible internacionalmente aínda que só nós poderemos publicar e comentar.

Introducimos esta comunidade para que vos acostumbredes a diferenciar o carácter PÚBLICO ou PRIVADO das Redes Sociais e que hai cousas e, sobre todo, opinións que deben quedar nun círculo de amizades máis pequeno.

Se na comunidade PRIVADA compartiremos opinións e debates nesta comunidade PÚBLICA divulgaremos información e os nosos traballos. Polo de agora imos comezar polos vosos BLOGS.

Buscade no lateral esquerdo a Publicación "Blogs de INFOREBA_1415" e publicade un post similar ao de Angel coa axuda das instrucións desta imaxe:
Indicacións para un post en G+ con enlace