Tarefa 01.01: Correo Gmail

Logo de consultar "Cómo redactar una carta formal" ou "Una guía para no meter la pata por correo electrónico" envía un correo electrónico de presentación ao profesor solicitando o "usuario" e "contrasinal" para acceder a este Curso Virtual.

A resposta será tamén por correo electrónico e nesta "Tarefa" recollerase a túa cualificación empregando unha rúbrica de corrección deducida do enlace arriba facilitado.

Xa que estás aquí aproveita para ler este artigo de Verne, unha web do diario El País, titulado "Los mejores mensajes de SPAM que he recibido nunca" e así poderás evitarte problemas futuros no manexo do teu correo electrónico. Non vas crer a imaxinación que teñen os spamers á hora de "pescar" a algún incauto. Ti non quererás ser o próximo?