Tarefa.01.06: Primeira entrada do blogue. Presentación

Os comezos son importantes, facelo con xeito dende o principio serache de gran axuda o resto do curso.
Cada traballo, tarefa, proxecto terás que compartilo co mundo e aí temos outra tarefa en sí mesma: como o fagamos será tan importante como o contido que queiramos publicar.

Aínda que esta entrada che pareza só unha presentación non a infravalores, tómate o teu tempo, planificaa, coidaa, faina "bonita". Escolle ou visiona estes dous recursos con consellos:

A entrada deberá conter 3 enlaces a blogs dos cursos pasados con temáticas idénticas á túa ou que consideres que poden serte de referentes (terás que comentar porqué os escolliches). Esta parte é a que che levará máis tempo por canto terás que investigar e comparar, aínda que non o creas, o tempo que adiques nesta entrada seráxe moi útil no futuro.

Cando a publiques comproba que os enlaces funcionan e que os visitantes poden escribir comentarios (copia a url e ábrea noutro navegador no que non esteas identificado).

Se xa estás rexistrado en Pinterest podes explorar o meu taboleiro Proxecto "Blog Portafolio".



Indica nesta tarefa, logo de clicar en "Editar o meu envío", a url da túa primeira entrada no blogue, a presentación, de xeito similar a cómo o fago eu:



Criterio de cualificación do enlace enviado: 
  • Se o enlace non está hiperenlazado: -25%.
  • Se a url enviada non leva á primeira entrada de presentación: -10% e volver a repetir.
  • Se non se indica o nome-apelidos: -10%

Criterio de cualificación da entrada: 
  • Alusión ó carácter académico, educativo ou experimental do blogue. 20%
  • Existencia de tres nomes de compañeiros de cursos anteriores hiperenlazados ós seus blogues. 30%
  • Redacción fiada da presentación, obxectivos, sensacións respecto do curso, etc. 50%

Criterio pormenorizado de cualificación da entrada:
    • Título do Blogue: Título Creativo, Tamaño, Cor, Tipografía.
    • Tema do Blogue: Imaxe ou Mosaico, Contraste Fondo-Contidos-Widgets.
    • Estrutura: Título, Párrafos separados, Extensión.
    • Contido: Obxectivos, Enlaces inspiradores, Opinión Persoal.
    • Información: Cada párrafo unha idea. Frases cortas e claras. Corrección ortográfica. 
    • Formato: Tipografía Lexible, Tamaño da fonte, Aliñado á esquerda, Contraste texto-fondo. Creatividade no tratamento plástico das letras.
    • Elementos gráficos: Imaxes.
    • Web: palabras ou frases hiperenlazadas (formato diferenciado do resto do texto).
  • Todos os elementos anteriores están moi influenciados pola temática escollida: a tipografía e cores dun blogue de repostería non son iguais a outro sobre motores do mesmo xeito que un sobre música Romántica nin se parece a outro sobre música Punk ou Heavy.