Tarefa 01.05: Creación do Blogue persoal

O blogue que tes que crear e no que irás publicando tódolos teus traballos de informática, e doutras materias se queres, pretende ser o teu PORTAFOLIO que, de xeito resumido, é o recopilatorio cronolóxico dos teus avances educativos tal e como se xustifica nesta presentación de Mª de los Ángeles Martínez Morales.

Xa sabemos que vas experimentar pola túa conta pero se nalgún momento atopas un atranco podes botar un ollo a esta excelente presentación de Joaquín P. Martín titulada: Creación de un blog y su explotación didáctica.

Crea un blogue dende a túa conta Gmail tendo en conta estes pasos:
  1. Realiza un paseo polos blogues dos compañeiros do curso pasado recopilados neste Symbaloo.
  2. Escolle ben o nome do teu blogue (relacionado contigo ou coa temática da túa afición escollida).
  3. Escolle a plantilla ou tema que más se axuste o punto anterior.
  4. Configura os comentarios para que non se publiquen mentres ti non os aprobes. Comentarios con moderador.


Indica nesta tarefa, logo de clicar en "Editar o meu envío", a url do teu blogue de xeito similar a cómo o fago eu:


Criterio de cualificación: 
  • Se o enlace non está hiperenlazado: -25%.
  • Se a url enviada non leva a ningures: -10% e volver a repetir.
  • Se non se indica o nome-apelidos: -10%


Un blogue a analizar e que vos sirva de exemplo é "TICs y Tareas 2.0 en la clase de ELE" de Frederik De Baets que inclúe recomendacións sobre ferramentas TIC. Fixádevos nos textos explicativos, nos enlaces, en como fai as puntualizacións ou os comentarios persoais, ...

Outros blogues con estéticas innovadoras poden ser:
INED21, neste artigoinclúe imaxes de Bansky.
Un TACKK de Silvina Carraud sobre Aprendices en Red.


E un pouco de todo e algo máis, tipografías, títulos, imaxes, tendencias no deseño web,... no meu taboleiro de Pinterest (rexístrate primeiro) Proyecto: Blog Portafolio


Blogues recomendables de alumnos de cursos anteriores: