Tarefa 01.03: Personalización do teu perfil na AV

Unha vez esteas logueado nesta AV clica arriba á dereita sobre o teu nome e accede a pestaña "Editar Perfil", e modifica:
  1. A túa imaxe de perfil introducindo unha do teu rostro. 100x100 píxeles.
  2. Cambia o teu contrasinal pero lémbrao, escríbete un correo co mesmo para telo gardado ou emprega o mesmo que no teu correo. Se o esqueces teremos que comunicarllo ao administrador da Aula Virtual para que o cambie e pode levar un tempo ademáis de que sufrirás unha penalización académica.
  3. Introduce o teu correo gmail (incluido @gmail.com).
  4. Comproba que non esteas subscrito aos foros (salvo ao Taboleiro de novas e anuncios) porque senón chegaranche unha morea de correos.
Cando remates copia a URL ou dirección que figura arriba e pégaa na caixa de texto que tes abaixo desta tarefa, en "Editar o meu envío".

A URL será similar a esta:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/view.php?id=38&course=102
e logo de enviar se clicas na url do teu envío debería abrirse unha xanela cunha imaxe similar a esta (deste xeito comprobas que o profesor verá o que ti pretendes), se non é así volve editar o teu envío e corríxeo.

Perfil usuario