Tarefa 01.06: Paxina "Inforeba1415"

Todas as entradas do teu blog que conteñan traballos de informática deben "etiquetarse" con "inforeba1415" de xeito que ó poñer unha "Páxina" que enlace ás entradas con esta etiqueta poidamos acceder de xeito rápido e ordeado.
Nesta tarefa terás que indicar a url do teu blog, nós accederemos a él e clicaremos na pestaña ou páxina "Inforeba1415" e esperamos atopar as entradas cos traballos "subidos" ata ese momento, polo de agora debe estar cando menos a entrada de presentación na que explicas os motivos da elección do tema, hobbie ou afición.
Se tes publicado unha ou varias entradas sen etiquetar sempre podes facelo editándoa posteriormente e introducir a etiqueta (lateral dereito na xanela de edición).