Tarefa 04.01: SketchUp 01. Peza tridimensional acoutada

Unha vez visionados os videotitoriais de Antonio Lomba xa podedes debuxar unha das pezas que tedes á vosa disposición na aula.

Cada parella realiza unha peza aínda que cada un dos compoñentes deba adxuntar a imaxe (exportada en formato .png) nesta tarefa.

Esta tarefa de Moodle é a primeira na que tedes que "subir" un ficheiro.

Neste caso teredes que ter gardado no equipo o arquivo con extensión .png (de imaxe) procedente do Sketch Up.

Aquí tes un exemplo de como debería ser a imaxe exportada do Sketch Up:

SketchUp

Clicades aquí embaixo en "Seleccionar archivo" ou "Examinar" - escolledes o arquivo - e logo clicades en "Engadir este ficheiro".