Tarefa: Suscripción RSS

Para a realización desta tarefa terás que realizar os seguintes pasos:
  1. Visionar os dous vídeos da tarefa.
  2. Rexistrarte en Feedly ou calquera outro Lector de feeds.
  3. Suscribirte aos Scoop de Angel (5) e Gumer (4) na colección Scoops.
  4. Suscribirte aos blogs da biblioteca (biblioeba e biblioebacomentada) na colección Bibliotecas.
  5. Suscribirte aos blogs de 10 compañeiros de informática na colección Inforeba1415.
  6. Suscribirte a algún blog relacionado coas túas aficións.
Nesta tarefa terás que enviar o enlace á imaxe en jpg da captura de pantalla na que se observe todo o solicitado, esa imaxe podedes aloxala en Drive de xeito público ou en calquera outro aloxamento sempre e cando funcione o enlace que enviedes (comprobádeo logo de enviar a tarefa).

Para facer capturas de pantalla hai varios xeitos pero eu emprego o máis antigo e rudimentario:
  1. Enfoco a pantalla de xeito que se vexa todo o solicitado. Empregar: Ver-Zoom ou Ctrl+roda do rato.
  2. Clico na tecla "Impr pant" ou similar.
  3. Abro o Paint.
  4. Ctrl+V ou Botón Dereito do rato e Pegar.
  5. Recorto e pego noutro Paint se fai falla.
  6. Gardo cun nome significativo.

Logo xa só queda subila á rede (Drive é o máis sinxelo), compartilo de xeito público, copiar o enlace e pegalo nesta tarefa.