Topic | Nome | Descrición |
---|---|---|
PXAD do IES EBA elaborado polo Grupo de Traballo do curso 23-24. |
||
Boas! Adxuntámosvos as presentacións que estivemos a empregar estes días para falarvos das opcións académicas do vindeiro curso. Recordade que as presentacións están cheas de links do voso interese! |
||
Boas a todos e todas! Informámosvos de que quedan convocadas as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Podedes consultar toda a info relativa ás mesmas na RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023 As convocatorias da proba de ESO son en: - 19 de Maio (o prazo de inscripción para esta convocatoria son do 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos) - 1 de Setembro ( prazo de inscripción do 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos). Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica. Igualmente, tamén quedou convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. Pódese consultar toda a información en relación a esta proba na seguinte RESOLUCIÓN. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos: a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023. b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos. c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023. E a proba realizarase o 28 de abril de 2023. Recorda! Esta proba só está dispoñible para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Máis información nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238 |
||
Requisitos para a obtención dos títulos CELGA. |
||
A Formación Profesional | Queres estudar un ciclo de formación profesional en Vigo ou en Ourense? A consellería convoca prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes de estas cidades para todas as persoas que queiran cursar estudos postobrigatorios. Nesta ligazón podedes consultar a convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
|
|
Se tes pensado facer un ciclo de formación profesional de grao medio ou superior é fundamental que teñas en conta os prazos das diferentes partes do proceso. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas Neste documento aparecen os prazos para o réxime ordinario e o réxime de persoas adultas ou modular. Sé puntual! |
||
Queres facer un ciclo de formación profesional para o vindeiro curso na modalidade dual? Aquí tes os prazos de todos os trámites que debes cumprir. A presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas. Non te despistes! |
||
Aplicando diferentes filtros (familia profesional, provincia, centro educativo, etc) poderás coñecer as notas de corte dos graos medio e superior e dos graos universitarios que se imparten en España. Recorda que estas notas son orientativas e non teñen porqué coincidir cas do próximo curso 22/23. |
||
Nesta ligazón tedes á vosa disposición folletos informativos de todas as familias profesionais da FP coa principal información de cada un dos ciclos (módulos que se estudan, saídas profesionais, ámbitos de traballo, lugares onde se poden estudar, etc.). Para acceder, debedes picar na icona de cada familia profesional. Se preferides, tamén podedes vir polo departamento de orientación e consultalos en papel. |
||
Nesta páxina da Junta de Andalucía se picades na icona de cada familia profesional podedes acceder a vídeos informativos moi entretidos nos que os propios estudantes vanvos contar en que consiste cada unha das profesións. |
||
Estás pensando en facer un Grao Superior de Formación Profesional? picando aquí atoparás todo o que precisas saber. |
||
Oíches falar da FP Dual pero non sabes moi ben o que é? De xeito moi resumido, consiste en cursar un ciclo de formación profesional (de grao medio ou superior) nun centro educativo e nunha empresa ao mesmo tempo cobrando un pequeno soldo. Iso si, tes que ser maior de 18 anos. Mirando este cartafol poderás coñecer un pouco máis sobre a FP Dual. |
||
Mapa no que poderás localizar todos os centros e ciclos onde se pode cursar a FP Dual en Galicia así como as empresas colaboradoras. |
||
XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA UDC | Non puideches asistir á xornada de portas abertas da UDC? Non te preocupes, aquí están subidas todas as charlas impartidas que conteñen a información que che pode interesar. |
|
Abre este PDF, pica na titulación que che interese e poderás ver unha curta da presentación do grao, conversas cos estudantes e as grabacións das charlas de cada grao que houbo nas xornadas de portas abertas celebradas os días 30 e 31 de marzo. |
||
Presentacións utilizadas nas charlas de titoría | Por se vos é útil e como pedistes, aquí tedes a presentación das charlas de orientación que facemos nas sesións de titoría de 4º da ESO. Xa sabedes que se tedes dúbidas podedes vir polo departamento ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com |
|
Velaquí tedes a presentación utilizada nas charlas de orientación con 1º de bacharelato. Tamén vós, para calquera aclaración podedes vir polo departamento de orientación ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com |
||
IMPORTANTE: Cando obtés o título de bacharelato? | ||
Probas de acceso a ciclos de formación profesional | Para todos os que non tedes o título da ESO (nin outro que vos permite acceder a un grao medio), tedes 17 anos ou os facedes ao longo do ano 2022 e queredes facer un grao medio, nesta carpeta atoparedes todo o que precisades (listaxe de admitidos, calendario, instrucións, sedes, etc.) |
|
Nesta presentación tedes todas as ligazóns que precisades manexar se vos ides presentar á proba de acceso a ciclos formativos de grao medio |
||
Para todos os que non tedes o título de bacharelato (nin outro que vos permite acceder a un grao superior), tedes 19 anos ou os facedes ao longo do ano 2022 e queredes facer un grao superior, nesta carpeta atoparedes todo o que precisades. (listaxes de admitidos, calendario, instrucións para a realización das probas, sedes, etc.) |
||
Neste presentación tedes toda a información que precisades se tedes previsto presentarvos á proba de acceso a ciclos superiores. |
||
E despois do bacharelato que? | Queres saber que podes estudar en Galicia despois de rematar o bacharelato? Este buscador, publicado por La Voz de Galicia, contén todos os estudos superiores que se poden cursar no momento actual na nosa comunidade autónoma. Seguro que hai algún que che interesa! A aplicación online está en construción, pero o 3 DE ABRIL PUBLICOUSE EN PAPEL A NOVA GUÍA PARA O CURSO 22/23, se queres consultala mentres a aplicación web non está lista, vén polo departamento de orientación! |
|
A Universidade | O prazo para solicitar unha praza no Servizo Universitario de Residencias está aberto ata as 14:00 horas do 28 de xuño de 2022. Nesta ligazón atoparedes toda a información sobre o proceso. |
|
Queres facer estudos universitarios pero non sabes onde se imparten? Neste buscador é posible localizar todos os estudos universitarios oficiais de grao, máster ou doutoramento que se poden cursar en todas as universidades españolas. |
||
A UDC adica este apartado da sua páxina web aos futuros estudantes universitarios con toda información que precisades coñecer |
||
Tes pensado facer un grao universitario na USC? como futuro estudante interésache coñecer a información que adican especialmente para vós |
||
Interésache coñecer a UVigo? Mira ben o que che contan na sua páxina web... |
||
Ensinanzas de réxime especial | Páxina da Consellería de Educación na que premendo en cada icona, poderás acceder á información oficial sobre as seguintes ensinanzas:
|
|
Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño | ||
Ensinanzas Superiores de Arte Dramática | Se queres asistir ás xornadas de portas abertas telemáticas que organiza a ESADG o día 5 de maio de 2022 pica nesta ligazón e segue os pasos que che indican (debes confirmar a túa asistencia con antelación) |
|
Na páxina web da ESADG atoparás todo o que che pode interesar como futuro estudante: especialidades, plan de estudos, requisitos de acceso, prazos, probas de convocatorias anteriores, preguntas frecuentes, etc. |
||
Ensinanzas de Restauración e Conservación de Bens Culturais | ||
Como futuro estudante, deberías botarlle un ollo a todo o que a Escola che conta na sua páxina web. |
||
Buscando traballo? | Gustaríache ser policía nacional, garda civil ou militar? coñeces os estudos que tes que facer ou sabías que hai unhas probas físicas que debes superar? Bótalle un ollo a este cartafol. |
|
Se queres aprender a facer un currículo vitae, redactar unha carta de presentación ou saber como superar unha entrevista de traballo deberías consultar esta guía publicada polo concello da Coruña. Vaiche ser moi útil. |