A Universidade da Coruña (UDC) organiza durante este mércores 30 e xoves 31 de marzo as Xornadas de Portas Abertas Virtuais. Todas as videoconferencias/chats en vivo realízanse a través de Microsoft Teams.
Durante estas sesións poderedes atopar a información sobre:
ABAU e Preinscrición 2022
O día 30 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia
O día 31 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia

Punto de Información: Se tes calquera dúbida sobre acceso, admisión, queres información xeral sobre as titulacións ou do desenvolvemento destas Xornadas, estaremos á túa disposición nesta caseta de 15:30 a 20:00 h.
Entra na caseta

Descarga aquí un pdf coas charlas organizadas por franxa horaria


Neste curso poderedes descargar ou acceder a materiais para a preparación das probas de acceso a ciclos medios da Formación Profesional en Galicia, así como practicar con exames doutros anos. Moitos folgos na tarefa e, xa sabedes, a máis práctica maior recompensa. 

Neste curso poderás atopar recursos para traballar co alumnado da túa titoría os diferentes aspectos que contén o Plan de Acción Titorial proposto dende o Departamento de Orientación do centro.

Neste curso imos achegar ó profesorado do centro recursos para a atención á diversidade, que por lei, é un dos principios que, xunto co de inclusión, deben guiar cada unha das nosas decisións a nivel educativo.

Trataranse temáticas específicas como a dislexia e outras dificultades específicas, o TDAH, o TEA... Nestes apartados poderedes atopar unha breve contextualización da diversidade, indicadores que poden facer sospeitar da súa presenza e medidas que podemos poñer en práctica para que a diversidade non se convirta en dificultade.

Entender que a diversidade non ten nin precisa cura e que isto é o que a diferencia dun trastorno ou dunha enfermidade é a base da que debemos partir para achegarnos a esta temática. Só dende unha aceptación inclusiva podemos ofrecer respostas adaptadas e educativas á diversidade.