TRADICIÓNS

 



As tradicións son costumes herdados do pasado que se levan facendo durante tantos anos que se cumpren en moitas ocasión por non perdelos. Tódalas relixións teñen as súas tradicións e case tódolos pobos (por non decir que todos) as teñen.



Nesta parte do traballo vamos falar deses contos, metade ficción, metade realidade que son as lendas e que tantas horas de lecer encheron na historia da humanidade.

Xurdindo dun feito ou acontecemento fóronse pasando de boca a boca e engadíndoselle matices que co paso dos anos cambiaron o feito en sí hasta convertilo nun conto. Tamén pasa o caso contrario, de contos os que se lle quiso dar veracidade e que se logrou nalgúns casos, abusando da ignorancia do pobo.

Neste apartado recollemos o máis destacado das lendas europeas, españolas e galegas (centrándonos sobre todo na nosa comarca en concreto), para evita-lo hastío á hora de ler este traballo non profundizamos o suficiente en todas. Pero reproducimolas fielmente dos libros nos que as atopamos e esperamos que o lector disfrute tanto léndoas como disfrutamos nós.
Última modificación: Martes, 19 de Xullo de 2016, 12:35