Esquema de temas
-
-
-
Na seguinte tarefa deberedes responder ás seguintes cuestións sobre o Imperio napoleónico. Tedes as preguntas nun PDF e nun documento word (para responder directamente no documento). Unha vez contestadas debedes entregar o documento en formato PDF.
Se xa realizáchedes as primeiras actividades en papel, contestade só ás 5 e 6.
-
Como era a situación social da muller no Antigo Réxime? Sintetiza comparándoo cos homes.
Quen foi Olimpia de Gouges? Que fundou e que propoñía? (P.17)
Que dereitos e obrigas tiñan as mulleres na Francia napoleónica? (P. 18)
Entregar en PDF
-
-
-
Tras ver na aula o audiovisual sobre a primeira Revolución Industrial, responde ao seguinte test.
Só hai unha resposta correcta por pregunta.
Coma todas as actividades, conta dentro da nota de traballo.
-
-
Neste PDF temos textos para ler e analizar na aula, sobre as transformacións derivadas da Revolución Industrial, en especial a nova sociedade de clases.
-
Para facer a actividade da vida dos obreiros no XIX
-
Responde ás seguintes cuestións. Podes axudarte co libro de texto (páxinas 64-65) e coa Internet.
Entrega o documento en PDF
- Que foi o socialismo utópico?
- Que plantexaba Robert Owen? En que consistiu o seu proxecto de New Harmony?
- Que eran os falansterios de Charles Fourier?
- Que era a Icaria de Cabet?
- En que consistiu o ludismo? Por que leva ese nome?
- A que chamamos cartismo?
-
Tedes que escoller catro obras de arte deste listado, dúas de cada bloque e diferente autor, e cubrir a ficha que tedes no documento word. É unha actividade individual, que poderá contar ata 0,5 puntos da nota da 2º avaliación. Debedes seguir as instrucións que figuran no documento word.
Unha vez rematada a ficha, entregádea en formato PDF.
Listado de obras a escoller:
O século XIX: a arte nun mundo en transformación.
- Jacques-Louis David: Napoleón cruzando os Alpes, Xuramento dos Horacios, O rapto das sabinas.
- Delacroix: A libertade guiando ao pobo.
- Géricault. A balsa de la Medusa.
- Friedrich: El caminante sobre el mar de nubes, abadía en el robledal
- Goya: O dous de Maio (A carga dos Mamelucos). Os fusilamentos do 3 de Maio.
A segunda metade do século XIX:
- Manet: O almorzo campestre.
- Monet: Impresión, sol nacente.
- Cezanne: Os xogadores de cartas.
- Van Gogh: A noite estrelada. Os xirasoles.
- Gauguin: Despois do sermón. O Mercado.
- Seurat: A tarde de domingo na Grande Jatte.
-
-
-
-
Despois de ver o fragmento de documental na aula, responde ás seguintes cuestións. Faino directamente no recadro (texto en liña), poñendo o nº e a resposta.
1. Cales foron as causas e factores que provocaron a guerra?
2. Entre estes factores, cal provocou a cadea de declaracións de guerra?
3. Que bandos se formaron?
4. Cal foi o detonante?
-
Busca información sobre unha batalla e un arma nova da Gran Guerra.
Describe a batalla (bandos, lugar, mapa, resultado) e a arma (que era? que efecto tivo? unha imaxe).
Batallas: Marne, Verdún, Somme, Gallipolli, Tanenberg.
Armas: ametralladora, gases, avións, submariños, artillería. tanques.
-
-
-
Analizar o 2º e 3º texto deste tema (arriba desta tarefa).
Entregade en PDF ou respondendo directamente no recadro.
-
Responde ás seguintes preguntas sobre a guerra civil rusa e a formación da URSS.
- Quen formaban os exércitos brancos? Que apoios recibiron dos países occidentais?
- Que é o comunismo de guerra?
- Que significan as siglas URSS? Cando se fundou? Busca a bandeira, o escudo deste estado e as repúblicas que formaban este Estado.
- Que era o PCUS? Cales eran os seus órganos de dirección?
- Que era o Consello de Comisarios do Pobo? Quen o lideraba?
- Que era a Cheka?
Responde nun documento entregándoo en PDF.
-
-
-
-