A cultura clásica é o conxunto das actividades intelectuais (literatura, pensamento filosófico e científico, arte), relixiosas (crenzas e cultos) e políticas (organización administrativa e xurídica) desenvolvidas polo pobo grego e o pobo romano. Aplícase o termo clásico a esta cultura porque se considerou sempre como un modelo e, en consecuencia, recorreuse a ela na escola, a política, na arte no estudo do pensamento e na moral, sobre todo a partir do renacemento.