Skip to Content

Visita a Sint Dimpna College en Geel (Bélxica)

No contexto do proxecto Erasmus+ do noso centro, a principios de setembro o profesor José L. Martín visitou o Sint Dimpna Geel College, escola de ensino secundario integrada en KOGEKA (agrupamento de escolas de Geel e Kasterlee que engloba varios centros de secundaria, incluída unha escola politécnica na propia vila de Geel).

Realizáronse actividades de "jobshadowing" asistindo a clases de español como lingua estranxeira, química, física e lingua estranxeira inglés de 5º e 6º graos (equivalentes ao noso 1º e 2º de bacharelato). Tamén se puido visitar, na escola técnica Sint Jozef, o laboratorio de química, no desenvolvemento de prácticas de laboratorio do equivalente a un ciclo formativo de grao medio, así como os talleres de madeira e mecánica.

Paralelamente, mantivéronse reunións cos coordinadores dos proxectos europeos para a preparación dun futuro intercambio con alumnado deste centro.

Tedes un enlace a unha pequena presentación resumo: SANTIAGO VISITA GEEL_DIFUSION.pdf.



page_ppp | by Dr. Radut