Viaxe a Ferrol dos alumnos de segundo de ESO

O venres 29 de novembro os alumnos de segundo fixeron unha viaxe a Ferrol, estiveron en Canido disfrutando das Meninas nas fachadas das casas e en moitísimos rincóns do barrio, a continuación fixeron varias actividades deportivas en Parkour Urban Planet Jump de Narón e, tras o xantar, voltaron por Ribadeo para ver unha película no cine. Foi un día completo cheo de emocións.

Máis fotos

Instrumentos musicais con historia

Tamén o 25 de novembro, recibimos a visita de Abraham Cupeiro, quen nos veu amosar e tocar varios instrumentos de vento de distintas épocas (algún dos cales realmente curioso), facendo así un percorrido dende o pasado máis remoto da nosa especia ata a actualidade. Sen dúbida, un concerto pedagóxico moi interesante.

          

25N: Día internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos xuntos participamos nun acto no que lembramos a cada unha das 52 vítimas deste tipo de violencia no que vai de ano en España. Podedes ver o vídeo no que se recolle o que fixemos; unha gravación realmente emotiva.

Completamos esta actividade cunha exposición de libros e murais baseada na temática da muller, onde se trata dende a publicidade machista ata o exemplo de mulleres pioneiras na súa profesión, pasando por historias curiosas sobre mulleres na provincia de Lugo. Invitámosvos a vir vela!

    

Charla sobre o cambio climático

O 15 de novembro, visitou o noso centro Iván Rodríguez Lombardero, xeólogo ambiental e membro do Movemento Galego polo Clima. Durante a súa visita, Iván alertou ao alumnado e profesorado sobre a situación de emerxencia climática que está a vivir o noso planeta.

 

    

Xogando ao xadrez!

O pasado 24 de outubro, o alumnado do centro contou coa visita do campión galego de xadrez e xogador internacional Roberto Paramos. A actividade consistiu en dúas horas de xogo simultáneo entre os rapaces e rapazas e o campión.

    

Exposición de mascotas

O pasaso 4 de outubro celebramos o día mundial dos animais. Con motivo desta conmemoración os alumnos de 2º de ESO renderon unha homenaxe ás súas mascotas a través dunha exposición de murais, nos que engadiron á foto do seu animal preferido un breve texto descritivo do mesmo.

 

  

Máis fotos

REUNIÓN COS TITORES

Hoxe luns 21 de outubro celebrarase a reunión dos pais cos titores. Será ás 19.30 h.

Reunión coas familias

O mércores 11 de setembro celebrarase no noso centro unha reunión informativa para as familias sobre o desenvolvemento do novo curso 2019/20.

O horario será:

 

                                   - De 19.00 a 20.00 h   -   1º e 2º de ESO

                                   - De 20.00 a 21.00 h   -   3º e 4º de ESO

BOLETÍN DE NOTAS E MATRÍCULA

A entrega do boletín de notas da avaliación extraordinaria de setembro será este xoves 5 de setembro ás 12.00 h. ese día e o venres o alumnado deberá matricularse para o curso 2019/20.

Os días de reclamacións serán o xoves 5 e o venres 6 de setembro.

Recordade que os rapaces que están no fondo do libros deben entregalos antes das 12 do xoves. Grazas. 

 

Fondo de libros

A listaxe provisional do número de libros asignados no Fondo de libros e as axudas para material escolar para o curso 2019/20 xa está exposta no noso centro. A definitiva estará no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso.

Distribuir contido