MATRÍCULA E RECOLLIDA DE LIBROS
O alumnado que aprobara todas as materias na avaliación ordinaria de xuño deberá facer a matrícula para o curso 2020/21 nas seguintes datas:
1º ESO |
Xoves 2 de xullo |
2º ESO |
Venres 3 de xullo |
3º ESO |
Luns 6 de xullo |
4º ESO |
Martes 7 de xullo |
Ese día da matrícula deberán entregar os libros do fondo.
O alumnado que este ano cursou 4º de ESO ten que entregar os libros o mércores 1 de xullo.
Os rapaces que suspenderan algunha materia matricularanse e devolverán os libros no mes de setembro; indicaremos as datas durante o verán.