Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR_CURSO 2024-2025

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario (ED330B-anexos I e II), dende a sede electrónica, https://sede.xunta.gal


Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


Para a presentación electrónica poderá empregarse mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.


A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitosexixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.


O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO_MAIO 2024

A Dirección Territorial da Coruña resolve autorizar como día non lectivo

O 27 de maio de 2024

Non haberá clases

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2023-2024

Período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

Do 29 de abril ao 28 de maio de 2024

Axudas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo - 2024-2025

Axudas  para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo - 2024-2025.



A convocatoria destas axudas publicouse o 19 de abril de 2024, e o prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe
  • Trastorno del espectro autista
  • Altas capacidades


Máis información aquí.

ENCONTRO LITERARIO CO ESCRITOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Encontro co autor Manuel Núñez Singala, o pasado venres 5 de abril de 2024, organzado polo Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O alumnado de 1°de Bacharelato e dos 2 clubs de lectura puideron comentar con el os relatos da obra "Instrucións para tomar café" e facerlle preguntas. Tamén asinou libros.

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA_2024-2025

O prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do noso centro comezou o día 25 de marzo de 2024 e remata o 22 de abril de 2024 ás 14.00 horas.

Para máis información poden acceder a plataforma de contratos de Galicia

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=822258&lang=gl

INTERCAMBIO A LARACHA - LES SABLES D'OLONNE - Marzo 2024

A irmandade entre A Laracha e Les Sables d'Olonne faise de novo realidade. Seguro gozando moito deste intercambio, dando sentido ao aprendido en clases e favorecendo a comunicación coa lingua e coa nosa cultura galega.
O alumnado de Francia está na Laracha convivindo co noso alumnado na semana do 18 ao 22 de marzo de 2024.

 

Distribuir contido

 



by Dr. Radut