Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Obxectivo:

  • Premiar aos alumnos/as de mellor expediente académico nos estudos de Bacharelato.

Destinatarios:

  • Alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Características:

  • Os alumnos/as que obtivesen un Premio Extraordinario de Bacharelato:
    • Recibirán un premio en metálico.
    • Exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidade.
    • Optarán aos  Premios Nacionais de Bacharelato.

Convocatoria 2021:

Prazo para solicitar:

  • Comezará o día 27 de abril de 2021.
  • Rematará o día 26 de maio de 2021.

 

NORMATIVA SOBRE A OBXECTIVIDADE NA AVALIACIÓN E PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

 

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021. 

Modelos orientativos para as reclamacións

 

Acceso ao enlace AQUÍ

 

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade

pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021

dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega

 

  • O prazo estará aberto ata o 29 de abril, incluído.
  • As familias con alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato:
      • Terán que cubrir unha enquisa para a diagnose da convivencia.
      • Recibirán a súa clave para entrar na enquisa en sobre pechado que será entregado aos alumnos/as polos titores/as.
  • O alumnado recibirá as súas propias claves e accederán aos cuestionarios dende o propio centro.

Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia da Coruña

Infórmase que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Programa para que, os estudantes de 12 a 17 anos, asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles con covid19 deberá contactar con seu centro de saúde.

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO

 

Dende a Xefatura Territorial de Educación resólvese

autorizar como día non lectivo

o 6 de abril de 2021.

 

Non haberá clases

 

As clases do terceiro trimestre comezarán o mércores día 7 de abril de 2021

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

Publicada a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos.

Reserva para o curso 2021-2022.

 

Aberto novo prazo de admisión do alumnado do 1 ao 22 de marzo de 2021

para centros non adscritos. 

RECORDATORIO SOBRE VALES DE DE MATERIAL ESCOLAR PARA AS FAMILIAS

 

Recordamos aos beneficiarios do Fondo de Libros, que segue habendo

"vales para adquirir libros de texto e material escolar"

sen recoller polas familias.

 

O prazo para facer efectivo ditos vales remata o 8 de abril de 2021. 

 

CIRCULAR ÁS FAMILIAS - Entroido 2021

 

Este curso escolar, debido a evolución da pandemia, queremos informar da necesidade de extremar as medidas de seguridade, mantendo os protocolos de prevención ante o covid19.

 

  • Levar sempre a mascarilla posta. 

 

  • Respectar sempre as distancias de seguridade, especialmente nos recreos e nos desprazamentos polos corredores. 

 

  • Utilizar o xel hidroalcohólico, ás entradas e saídas, do centro e das clases. 

 

Non podemos realizar ningún tipo de celebración relacionada co Entroido, polo que non podemos vir disfrazados. 

 

As clases impartiranse con normalidade toda a xornada escolar. 

 

Cando todo pase, recuperaremos todas estas actividades

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

A listaxe definitiva para distribución de máscaras está publicada no taboleiro do centro educativo.

 

A partir do luns 1 de febreiro poderán ser recollidas na secretaría do centro

polos proxenitores ou titores legais coa debido identificación. 

 

A ENTREGA DE MÁSCARAS para o alumnado da ESO

beneficiarios de material escolar (Fondolibros)

no curso 2020-2021 recibirá 3 máscaras hixiénicas reutilizables

segundo a especificación UNE 0065:2020 de cuatro capas. 

Distribuir contido

 



by Dr. Radut